AS NOSAS ACTIVIDADES

O IGEA configúrase coma un laboratorio de ideas, un centro de análise e investigacións pilotadas por especialistas de recoñecido prestixio de todo o país. Dende esa perspectiva o noso obxectivo é ofrecer á sociedade galega conclusións e propostas sobre as políticas que Galiza necesita para afrontar con garantías os retos que ten o noso país no século XXI. A actividade do IGEA impleméntase a través de traballos de investigación dirixidos por especialistas, foros de carácter periódico presididos por expertos/as, seminarios, simposios e xornadas. As conclusións e os resultados deste abano de actividades de análise e investigación son obxecto de difusión para toda a sociedade galega a través das nosas publicacións e doutros soportes informativos coma o boletín electrónico que o instituto remite periodicamente aos seus socios/as, a edición de audiovisuais, a celebración de conferencias e coloquios ou a propia web www.igea.eu.com.

Ademáis o IGEA puxo en marcha un Observatorio da Imaxe de Galiza, que procesa e analiza os medios de comunicación máis importantes a nivel nacional, estatal e internacional para coñecer e avaliar o tratamento que nestes medios se fai do noso país e a imaxe que de Galiza se proxecta no mundo.

O IGEA leva a cabo tamén actividade formativa, a través de cursos de formación sobre distintas cuestións, e da convocatoria de bolsas de investigación para desenvolver temáticas coincidentes coas liñas de traballo do instituto, bolsas supervisadas por especialistas e co obxectivo ,tamén, de promover novos referentes na investigación do noso país.

IGEA

O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos é unha asociación sen ánimo de lucro nada no ano 1987 na Coruña coa intención de convertirse nun elemento dinamizador do coñecemento de Galiza e o proceso de inserción do noso país na Unión Europea.[+]


Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Conferencia Iñaki Anasagasti