NOTAS DE PRENSA
Listaxe de notas de prensa
Listaxe de notas de prensa
12-02-2010
Rafael Cuiña incorporouse como membro da Xunta Directiva do IGEA
A Coruña, 11 de febreiro de 2010.- A Asemblea Xeral do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA) aprobou esta mesma semana a Programación 2010-2011 do instituto, un programa de actividades elaborado polo seu Consello Asesor e Científico e sometido á consideración de todos os [...]
16-01-2010
O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA) ven de publicar un informe sobre “As caixas de aforro galegas: situación actual e perspectivas de futuro”, promovido polo Consello Asesor e Científico do Instituto e elaborado polo economista Francisco Xavier Martínez Cobas.
Este informe analiza a situación das caixas de aforro galegas dende unha lóxica técnica, de [...]
19-12-2009
O presidente do IGEA, Anxo Quintana, amosouse satisfeito porque este I Simposium Internacional Ecolingua 2009 teña deixado claro que “non debemos ter medo a debater” e destacou a invocación do simposium “á intelixencia de todos os galegos e as galegas”
Ecolingua 2009 convertiuse nesta primeira edición nunha importante tribuna onde as distintas sensibilidades ao respecto do [...]
09-12-2009
• Quintana dixo que a “información” do simposium será “o mellor antídoto contra a afirmación de que se impón o galego”
• Reixa avoga pola “ecoloxía lingüística” na que se basea Ecolingua 2009, unha receita de “seducción e convicción” para o desenvolvemento sostíbel do galego
• A coexistencia de linguas, a realidade plurilingüe de Galiza, o
papel de cada idioma nun [...]
04-12-2009
PROGRAMA E OBXECTIVOS DO ECOLINGUA 2009
ecolingua-triptico1
ecolingua-obxectivos
· A coexistencia de linguas, a realidade plurilingüe de Galiza, o papel de cada idioma nun país e as políticas e fórmulas de convivencia lingüística no Estado ou no ámbito internacional serán algunhas das temáticas que abordará o Ecolingua 2009 os días 17, 18 e 19 de decembro
· [...]
28-11-2009
“Una monarquía protegida por la censura” vai xa pola cuarta edición e o senador vasco explicará na Coruña o segredo deste éxito editorial
O vicepresidente do IGEA, Antonio Campos Romay, presentará ao autor do libro nun acto que terá lugar na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña ás 20,30 horas
[...]
26-11-2009
· “En España hoxe segue sen haber un só terreo importante, unha soa competencia autonómica, na que os diputados do Congreso non sigan tendo algo que decir, normalmente a última palabra”, asegurou o profesor da USC
· Esta conferencia hoxe na Coruña inaugura o ciclo “Galicia e Escocia, pensándose de novo” , que o IGEA [...]
20-11-2009
Anxo Quintana, presidente do IGEA, asegura que na sociedade galega o autogoberno “ou serve para xerar benestar aos cidadáns ou os galegos non quererán autogoberno”
O presidente do IGEA preguntouse cómo pode ser que dúas monarquías parlamentarias coma Reino Unido e España aborden de xeito tan distinto a realidade plurinacional dos seus territorios
“Galicia e [...]
20-07-2009
A Coruña, 17 de xullo de 2009.- “Existe en Galiza un espazo galeguista de colaboración” e o Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos pretende ser unha representación dela. Así explicou hoxe o presidente do IGEA, Anxo Quintana, o obxectivo xeral co que o instituto comeza a súa nova andaina. Quintana chamou á toda a [...]
17-07-2009
O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos pretende convertirse nunha factoría de ideas para pensar a Galiza do século XXI.
Anxo Quintana preside o instituto nesta nova andaina.
16-07-2009
O presidente do IGEA, Anxo Quintana, presenta aos medios de comunicación a nova sede do instituto na cidade da Coruña, e os obxectivos da súa nova andaina.
16-07-2009
O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos levará a cabo estudos sobre a realidade socioeconómica de Galiza e elaborará propostas para afrontar os retos do noso país no século XXI
A vontade do novo presidente é que o IGEA sexa unha entidade xeradora de debate e opinión dende unha perspectiva plural e galega.
O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos é unha asociación sen ánimo de lucro nada no ano 1987 na Coruña coa intención de convertirse nun elemento dinamizador do coñecemento de Galiza e o proceso de inserción do noso país na Unión Europea.[+]