ANTÓN REIXA

Nado en Vigo no ano 1957, estudou Filoloxía Galega. Reixa é un dos máis polifacéticos persoeiros do mundo cultural galego. Realizador, director, escritor, guionista, foi letrista e cantante do grupo Os Resentidos que fundou en 1984. Dez anos despois o grupo se separa e xunto con Kaki Arkarazo e Mikel Abrego crea Nación Reixa.Antón Reixa comezou a súa andaina escribindo poesía dende o grupo de comunicación Rompente. Dirixiu e presentou programas de radio en Radio Voz e Onda Cero, e é columnista en varios diarios galegos e estatais.

No seu haber Reixa ten a realización de máis de 60 videoclips, presentou e dirixiu o programa da TVG Sitio Distinto e puxo en marcha o exitoso concurso Supermartes, ademais de dirixir e producir series coma Mareas Vivas ou Galicia Express.

No mundo do cine no ano 2002 Reixa estreou a súa primeira película como director, O lapis do Carpinteiro, á que seguiría Hotel Tívoli no 2007. Actualmente é o presidente da compañía Filmanova e preside tamén o Clúster do Audiovisual de Galicia.

IGEA

O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos é unha asociación sen ánimo de lucro nada no ano 1987 na Coruña coa intención de convertirse nun elemento dinamizador do coñecemento de Galiza e o proceso de inserción do noso país na Unión Europea.[+]


Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Conferencia Iñaki Anasagasti