ANXO MANUEL QUINTANA GONZÁLEZ

Naceu en Allariz (Ourense) o 25 de febreiro de 1959. É Diplomado en Enfermeiría pola Universidade de Vigo e formou parte do Servizo de Nefroloxía do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU). É socio de honra da Sociedade Española de Mediciña Xeral en recoñecemento á súa contribución á mellora da atención primaria no medio rural.

Dende o ano 1983 foi concelleiro en Allariz e posteriormente alcalde deste concello entre 1990 e 2000. Nos anos do seu mandato este concello recibiu o Premio Europeo de Urbanismo e foi seleccionado polo Programa Hábitat da ONU para representar ao Estado español como exemplo de concello cunha xestión en defensa do desenvolvimento sostible.

Quintana formou parte da comisión para a unificación das organización municipalistas galegas e foi vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) entre os anos 1995 e 2000.

Ocupou o cargo de coordenador da Executiva do BNG dende abril de 2002 ata novembro de 2003, data na que foi elexido portavoz nacional e candidato do BNG á Presidencia da Xunta de Galicia, na XI Asamblea Nacional do Bloque Nacionalista Galego.

Foi senador por designación da comunidade autónoma de Galiza dende 1999 ata 2005. No Senado, Quintana foi membro titular da Deputación Permanente, voceiro do Grupo Mixto e membro da Mesa da Comisión Xeral das Comunidades Autónomas, además de voceiro nas Comisións de Agricultura, Industria e Xustiza.

Nas eleccións autonómicas de 2005 foi candidato do BNG, e ata 2009 ocupou o cargo de vicepresidente da Xunta de Galicia dentro do goberno bipartito BNG-PSdeG. Dende abril de 2009 é deputado no Parlamento de Galicia onde ocupa ademáis o posto de vicesecretario da Mesa e membro das Comisións de control da CRTVG e Asuntos Europeos. Tamén no mes de abril de 2009 foi elexido presidente do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos.

IGEA

O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos é unha asociación sen ánimo de lucro nada no ano 1987 na Coruña coa intención de convertirse nun elemento dinamizador do coñecemento de Galiza e o proceso de inserción do noso país na Unión Europea.[+]


Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Conferencia Iñaki Anasagasti