BENITO FERNÁNDEZ GONZÁLEZ

Nado na parroquia estradense de Codeseda, é presidente de Enerxía de Galicia S.A (Engasa). Benito Fernández é enxeñeiro de camiños, canais e portos dende o ano 1974, un eido no que ten proxectado e dirixido ao longo da súa carreira as obras de urbanización de numerosos parques empresariais e residenciais, a construción de obras singulares coma o estadio da Malata en Ferrol ou o curro de Sabucedo.Colaborou no ano 1997 na redacción da Lei do Solo de Galicia.

Na Administración autonómica, foi director xeral de Urbanismo, Medio Ambiente e Vivenda con Xerardo Fernández Albor como presidente da Xunta. Dende o ano 2007 preside a Fundación Galicia Empresa e recibiu pola súa carreira a Medalla ó Mérito Colexial de Galicia en 2002 e a Medalla ao Mérito Profesional concedida polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos do Estado, en recoñecemento aos seus 35 anos de profesión.

Dende 1993, Consultor do Banco Mundial no sector da auga, medio ambiente e enerxía, en distintos países de Latinoamérica, do Este de Europa e Asia.

IGEA

O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos é unha asociación sen ánimo de lucro nada no ano 1987 na Coruña coa intención de convertirse nun elemento dinamizador do coñecemento de Galiza e o proceso de inserción do noso país na Unión Europea.[+]


Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Conferencia Iñaki Anasagasti