CÉSAR PORTELA FERNÁNDEZ-JARDÓN

Nado en Pontevedra en 1937, César Portela estudou nas Escolas Superiores de Arquitectura de Madrid e Barcelona onde se licenciou coma arquitecto no ano 1966, e dous anos despois obtivo o doutorado.
O seu prestixio profesional teno levado a ser profesor convidado en universidades e institucións de todo o mundo, destacando a Escola Superior de Arquitectura de Pamplona, Caracas, Lisboa ou Weimar. Tamén ten colaborado na organización e deseño de seminarios e obradoiros de arquitectura.
No ano 1999 César Portela foi galardoado co Premio Nacional de Arquitectura polo edificio da Estación de Autobuses de Córdoba. Ademáis ten recibido distincións, honores e galardóns de diversas institucións nacionais e internacionais. Tamén ten desenvolvido unha intensa labor docente, e ata o ano 2007 ocupou a Cátedra de Proxectos Arquitectónicos da E.T.S de Arquitectura de A Coruña.
Entre as súas obras destacan o cemiterio de Fisterra, no ano 2002, o Museo do Mar de Vigo, que levou a cabo con Aldo Rossi tamén no 2002, a Casa das Palabras de Vigo no ano 2003 ou o Pazo de Congresos da Coruña, que no ano 2003 acometeu xunto con Ricardo Bofill.

IGEA

O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos é unha asociación sen ánimo de lucro nada no ano 1987 na Coruña coa intención de convertirse nun elemento dinamizador do coñecemento de Galiza e o proceso de inserción do noso país na Unión Europea.[+]


Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Conferencia Iñaki Anasagasti