DOMINGO DOCAMPO

fotoigeaNado no 1954 en Redondela. Está casado e ten tres fillos. Acadou no ano 1971 o primeiro posto na Olimpiada Matemática de Galicia. É licenciado en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Valladolid, en xullo de 1976; doutor en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago, en xuño de 1984. Catedrático de Universidade, dende xuño de 1992, na ETS de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo.

É coautor de 75 artigos e comunicacións en revistas e actas de congresos internacionais. Foi conferenciante invitado en máis de 40 universidades de España, Portugal, Estados Unidos e Iberoamérica.

Foi director da ETS de Enxeñeiros de Telecomunicación e do Departamento de Tecnoloxías das Comunicacións da Universidade de Vigo, e reitor entre os anos 1998 e 2006. Foi presidente da Comisión Sectorial de I+D da Conferencia de reitores das universidades españolas (CRUE), 2001–2002. Presidente do Grupo de Traballo de Espazo Europeo da CRUE, 2002–2006. Presidente da Subcomisión de Ensinanzas Técnicas fo Consello de Coordinación Universitaria, 2004–2006. Presidente da Comisión de Avaliación de Títulos e Programas, AQU Catalunya, dende 2008. Presidente da Comisión de Avaliación de Títulos de Enxeñería e Arquitectura, Axencia de Calidade de Castela e León, dende 2009. Coordinador do programa IMAN, Xunta de Galicia, 2008-2009, e membro do consello científico de Ikerbasque dende 2008.

Domingo Docampo recibiu a Medalla de Ouro dos consellos sociais das universidades españolas no ano 2006. Ademais é, dende o ano 1998, Membro de Honra da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.

IGEA

O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos é unha asociación sen ánimo de lucro nada no ano 1987 na Coruña coa intención de convertirse nun elemento dinamizador do coñecemento de Galiza e o proceso de inserción do noso país na Unión Europea.[+]


Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Conferencia Iñaki Anasagasti