ENCARNA OTERO CEPEDA
Política nacionalista nada no 1950 en Santiago de Compostela. Dende o ano 1970 milita activamente no nacionalismo e entre os anos 1971 e 1976 reside na vila francesa de Toulousse, onde participa no movemento antifranquista e coñece directamente a realidade do exilio.
No ano 1982 forma parte do Consello Nacional do BNG, e foi membro da Comisión Permanente na que exerceu as competencias en materia de relacións coa prensa e relacións exteriores.Dende o ano 1978 exerceu como docente no Instituto de Bacharelato Eduardo Pondal de Santiago e a partires do ano 1986 formou parte do Seminario Permanente de Historia de COU, coordinado polo profesor Ramón Villares, que elaborou un libro de texto de Historia do Mundo Contemporáneo publicado pola Editorial Galaxia ese mesmo ano.
Encarna Otero formou parte da comisión política do BNG que elaborou, xunto ao PNV e CiU, as declaracións de Barcelona, Gasteiz e Santiago. No ano 1991 ocupou o posto de concelleira do BNG na Corporación Municipal de Santiago, e foi a voceira municipal do seu grupo.
No 1999 convértese en primeira tenente de alcalde e concelleira delegada de Conservación e Rehabilitación do Casco Histórico, de relacións no Consorcio da Cidade de Santiago e da Muller.
Tamén participou na comisión de traballo que elaborou os documentos para un novo Estatuto e no seu haber conta co Curso Superior de Dereito Comunitario, que obtivo en marzo de 2008.
No ano 2005, tralas eleccións autonómicas, convértese en Directora Xeral de Vivenda da Xunta de Galicia.