EVENCIO FERRERO RODRÍGUEZ

Profesor e político nado en 1955 na localidade coruñesa de Carballo, da que é alcalde dende xuño de 2003. Evencio Ferrero é unha personaxe central na vida política e social desta vila no último cuarto de século.

Forma parte da Corporación Municipal de Carballo dende as primeiras eleccións democráticas en 1979. Ademais foi fundador da Asociación de Veciños de Carballo, da Asociación Cultural Lumieira e da Asociación Deportiva Xiria. Tamén é socio da Asociación Antidroga Vieiro dende a súa fundación.Evencio Ferrero formou parte do Consello Nacional do BNG a finais da década dos 80 e durante toda a dos 90, e tamén da Comisión Permanente da formación nacionalista, na que foi responsable de política municipal entre 1990 e 1996.

Actualmente é membro do Consello Federal da Federación Galega de Municipios e Provincias, e conselleiro xeral de Caixa Galicia. Evencio Ferrero forma tamén parte do Consello Galego de Medio Ambiente e do Consello Galego da Emigración. Preside o Grupo de Desenvolvemento Rural nº 27 que se corresponde coa comarca de Bergantiños.

IGEA

O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos é unha asociación sen ánimo de lucro nada no ano 1987 na Coruña coa intención de convertirse nun elemento dinamizador do coñecemento de Galiza e o proceso de inserción do noso país na Unión Europea.[+]


Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Conferencia Iñaki Anasagasti