MANUEL CARLOS MARTÍNEZ BARREIRO

Caracas (Venezuela) 20/01/1961Licenciado en Xeografía e historia pola USC 1979-84. Autor de diversos libros de historia, entre outros de Prosa política no tempo das irmandades da Fala (A Nosa Terra, 1996), e de Area Maior (Xerais, 2003), un conto para lectores de todas as idades.

Comentarista político nas tertulias de Radio Galega e Radio Líder. Colaborador de A Nosa Terra Dixital, Tempos Novos, Protexta e galiciadiario.com.

Coordinador de edición en Edicións Xerais de Galicia (1996-1999 e 2001-2003) e de edición dixital en Vieiros-Acordar (2004-2007).
Membro da directiva Coordinadora Galega de ONGD (2002) e consultor en temas de cooperación para o desenvolvemento en proxectos realizados en Nicaragua (1995-2001) e Bolivia (2003-2004).

Docente do módulo de avaliación de proxectos de cooperación do Master de Cooperación para o desenvolvemento da USC desde 2003.

Membro da Escola de Tempo Libre e Animación Socioculturtal Alento (1990-1997).

Membro do Grupo de Estudos de Economía Social do Instituto de Desenvolvemento Económico de Galicia (IDEGA) (1995) e da Rede de Iniciativas de emprego xuvenil Araña (1984).
Xefe de gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia (2007-2009).

Secretario do Alcalde de Vigo (2000)

Asesor do Grupo Parlamentario do PSG-EG (1984-1993).

IGEA

O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos é unha asociación sen ánimo de lucro nada no ano 1987 na Coruña coa intención de convertirse nun elemento dinamizador do coñecemento de Galiza e o proceso de inserción do noso país na Unión Europea.[+]


Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Conferencia Iñaki Anasagasti