MARGARITA LEDO ANDIÓN

Margarita Ledo Andión, é Catedrática de comunicación audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela, USC e doutora en ciencias da comunicación pola Universitat Autònoma de Barcelona. Directora do Grupo de Estudos Audiovisuais da USC, neste momento desenvolve o proxecto de pesquisa I+D+i “Lusofonía: interactividade e interculturalidade”.

Foi investigadora principal de varios proxectos europeos, un dos cales, con Bretaña e Gales, deu orixe á obra Production televisée et identité culturelle, en coautoría con Jacques Guyot e Roland Michon. Cineasta e escritora, entre os seus filmes están os documentarios Santa Liberdade (2004) e Liste, pronunciado Líster (2007) que lle valeron o Premio Nacional da Cultura Galega na modalidade de cine e audiovisual 08.

É membra eleita da Real Academia Galega. Últimos libros publicados: Cine de fotógrafos, Ed. Gustavo Gili, Barcelona, 2005, Premio Fundació Espais d’Art Comtemporani, Del CineOjo a Dogma 95, Ed. Paidós, Barcelona, 2004. Con Documentalismo Fotográfico Contemporáneo: da inocencia á lucidez, 1995, e Documentalismo fotográfico, Cátedra, Madrid, 1998, introduz este obxecto como campo de estudo na universidade española.

Pertence ao consello editorial de publicacións científicas como Trípodos, Universitat Ramón Llull, Catalan Journal of Communication and Cultural Studies, Universitat Rovira i Virgil ou a Revista Latinoamericana de Comunicación, da ALAIC.

IGEA

O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos é unha asociación sen ánimo de lucro nada no ano 1987 na Coruña coa intención de convertirse nun elemento dinamizador do coñecemento de Galiza e o proceso de inserción do noso país na Unión Europea.[+]


Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Conferencia Iñaki Anasagasti