MIGUEL BARROS PUENTE
Nado en Cotobade (Pontevedra) no ano 1944, este político galego é profesor de Educación Primaria e licenciado en Ciencias Políticas. Militante do PSOE dende o ano 1978, Miguel Barros foi un dos líderes do chamado sector galeguista do PSdeG. Entre 1981 e 1993 foi deputado no Parlamento de Galicia, ademáis foi concelleiro en Vigo e secretario comarcal do seu partido. No mes de xuño do ano 2006 Miguel Barros deixa o PSOE por discrepancias co grupo municipal en Vigo e o seu afastamento da Executiva do PSdeG.Miguel Barros foi un dos fundadores do Movemento de Mestres de Pontevedra, que provocou o nacemento da mobilización social do maxisterio en Galiza nos últimos anos do franquismo.