XOÁN ANTÓN PÉREZ-LEMA
Licenciado en Dereito e Letrado Asesor de Empresas (UPC-ICADE). Cursou estudos de doutoramento de Santiago de Compostela.
Avogado en exercicio dende 1989, con especial experiencia en Dereito Societario, Mercantil e Administrativo . Foi profesor de Sistema Político Galego na Universidade de Vigo e de Dereito Administrativo na Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados de A Coruña e profesor da EGAP a funcionarios de entidades locais.
Secretario Xeral de Relacións Institucionais da Vicepresidencia da Xunta de Galicia (novembro 2007- abril 2009) e, durante esa tempada e na devandita cualidade Secretario das Comisións Mixta de Transferencias e Bilateral Administración do Estado-Xunta de Galicia. Foi xefe do Gabinete da Consellaría da Presidencia e Administración Pública da Xunta entre outubro do 1987 e febreiro do 1990.
Colaborador en diversos medios de comunicación, Pérez Lema foi ademais Secretario do Clube Financeiro Atlántico de A Coruña e na actualidade é vogal da súa Xunta Directiva. Membro fundador do IGEA, onde desenvolveu o cargo de Vicepresidente. Membro da Asociación Española de Dereito Deportivo e de AMNESTY INTERNATIONAL.
Relator da área da Administración de Xustiza no Foro “Novo Estatuto” promovido polo BNG (2004-05). Autor de moi variados traballos xornalísitcos e xurídicos (entre estes os últimos sobre Procedemento Administrativo nas Corporacións Locais, estudo comparado da regulación da xustiza nos últimos Estatutos e proxectos de Estatutos autonómicos e sobre a organización territorial da Galiza).