SAÚDA DO PRESIDENTE DO IGEA

En abril de 2009 na asamblea xeral extraordinaria do IGEA celebrada na cidade da Coruña, a directiva do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA) nomeoume novo presidente.

Os membros desta entidade depositaron en min a responsabilidade de levar adiante unha etapa de relanzamento do IGEA.

A miña vontade é que nesta nova etapa o Instituto leve a cabo estudos sobre os distintos aspectos da realidade socioeconómica de Galiza. Elaboraremos propostas para afrontar os retos que ten por diante a sociedade galega do século XXI. O IGEA quere constituírse tamén coma unha entidade xeradora de debate e opinión dende unha perspectiva plural e galega.

Por iso, animo a todos os galegos e galegas que queiran contribuir aos obxectivos do IGEA a participar no mesmo achegándonos as súas ideas e pensamentos e, se así o desexan, incorporándose como asociados/as, para entre todos e todas axudar a construir a Galiza do século XXI.

Anxo Quintana
Presidente do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos

IGEA

O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos é unha asociación sen ánimo de lucro nada no ano 1987 na Coruña coa intención de convertirse nun elemento dinamizador do coñecemento de Galiza e o proceso de inserción do noso país na Unión Europea.[+]


Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Conferencia Iñaki Anasagasti