O Ecolingua ao teu dispor en Vimeo
08-01-2010
A canle do IGEA en Vimeo dispón dos videos do programa completo do I Simposium Internacional Ecolingua 2009 que o Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos celebrou en Vigo do 17 ao 19 de decembro.
Todas as conferencias, mesas redondas e presentacións do Ecolingua 2009 están recollidas en 23 videos. Neles poderás visionar as ponencias e debates protagonizados ao longo das tres xornadas por especialistas e axentes sociais do ámbito galego, estatal e internacional.