O IGEA publica un “Informe sobre as caixas de aforro galegas: situación actual e perspectivas de futuro”

16-01-2010

O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA) ven de publicar un informe sobre “As caixas de aforro galegas: situación actual e perspectivas de futuro”, promovido polo Consello Asesor e Científico do Instituto e elaborado polo economista Francisco Xavier Martínez Cobas.

Este informe analiza a situación das caixas de aforro galegas dende unha lóxica técnica, de carácter financiero, guiándose polos principios de eficiencia económica e solvencia para determinar cales son as mellores medidas para minimizar os efectos da crise nestas institucións crediticias. O documento estuda ademáis os condicionantes políticos do proceso e, particularmente, a condición de galeguidade que o arco Parlamentar gallego e a sociedade civil demandan como condición necesaria do resultado. Tamén avalía as posibilidades técnicas de mellora da eficiencia a través dun aumento do tamaño do negocio nas caixas galegas. Para isto o informe detense en analizar os efectos positivos e negativos de cada una das opcións existentes: fusión, absorcións e cooperación e, dentro desta última, os SIP.

Esta primeira “Análise de Actualidade” promovida polo IGEA comeza diagnosticando as dificultades das caixas de aforro e a situación en particular das caixas gallegas e definindo as solucións técnicas para afrontar ditas dificultades. O informe analiza tamén a galeguidade das caixas como condición política necesaria e defende que a súa fundamentación é económica e empírica.

Por último, o informe estuda as diferentes posibilidades para as caixas de aforro galegas, en concreto tres escearios: a fusión de Caixa Galicia e Caixanova, un SIP entre Caixanova e Caixa Galicia ou un SIP con outras caixas de aforros non galegas.

Con este informe o IGEA cumpre con un dos seus obxectivos, axudando coa súa actividade de análise e reflexión a construír un espazo de opinión galego sobre todas as cuestións que afectan ao noso País e contribuír a interpretar a realidade do mundo dende unha perspectiva galega. O Instituto pretende deste xeito contribuír a que a cidadanía galega poda coñecer con datos toda a extensión do problema e poder así avaliar acaidamente todas as solucións que se propoñan.

informe-caixas

IGEA

O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos é unha asociación sen ánimo de lucro nada no ano 1987 na Coruña coa intención de convertirse nun elemento dinamizador do coñecemento de Galiza e o proceso de inserción do noso país na Unión Europea.[+]


Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Conferencia Iñaki Anasagasti