OS NOSOS OBXECTIVOS

O obxectivo central do IGEA é coñecer e interpretar o país sociolóxica, cultural, política e economicamente cunha dobre finalidade: dun lado profundizar no autocoñecemento da sociedade galega e interpretar a realidade e o mundo dende a nosa perspectiva e intereses como método que axudará á sociedade e as institucións a acertar nas decisións políticas, económicas e sociais e, polo tanto, a mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas. En segundo termo, e complementando o anterior, o IGEA pretende contribuír coa súa actividade a que a acción política en Galiza se leve a cabo sobre diagnoses da realidade galega, formulando para iso alternativas e propostas modernas e viabeis, conectadas coa realidade e co obxectivo de mellorar o benestar de todos os galegos e as galegas.

IGEA

O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos é unha asociación sen ánimo de lucro nada no ano 1987 na Coruña coa intención de convertirse nun elemento dinamizador do coñecemento de Galiza e o proceso de inserción do noso país na Unión Europea.[+]


Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Conferencia Iñaki Anasagasti