GALIZA
Baixo este epígrafe abordamos:
Os valores de cohesión social: o estudo, análise e investigación ao redor dos valores de cohesión social e elementos de identidade da sociedade galega actual (territorio, lingua, usos, cultura, dereito,…) e como inciden ou poden incidir na mellora da calidade de vida dos galegos/as.
O autogoberno e o seu desenvolvemento: estatuto, financiamento, competencias, institucións, reforma electoral, sistema de partidos, organización territorial e institucional, equilibrio territorial,…
Galiza e o mundo: a determinación e definición das áreas de interese de Galiza como nación no mundo, o estudo dos elementos que dotan a Galiza dunha condición central e non periférica no noso entorno xeopolítico, a definición dos elementos conformadores dunha política exterior galega,…