PENSAMENTO POLÍTICO
A nosa actividade xira ao redor do pensamento político que representa o IGEA conforme aos seus estatutos. Abordamos desde unha perspectiva galega o estudo e análise do pensamento político, histórico e actual, en Galiza en relación ao autogoberno, o estado plurinacional, a Unión Europea, a política internacional, a globalización ou a democracia e participación cidadán nos asuntos públicos.